Categorías

Etiquetas

Comentarios recentes

    Marzo 2017
    M T W T F S S
    « Feb    
     12345
    6789101112
    13141516171819
    20212223242526
    2728293031  

    Artigos recentes

    Meta

    • Ocorreu un erro, probablemente o feed non está dispoñible. Proba de novo máis adiante.

    Histórico

    Páxinas

    3º ESO: Nikola Tesla, un científico abraiante

    Posted in: 3º ESO,Visto by correcarmela on Maio 07, 2012

    Nikola Tesla, pai da corrente alterna, a tecnoloxía da radio, o control remoto sin cable e ata 700 patentes máis, finou olvidado na habitación dun hotel de Nova Iorque. O programa de radio “A Hombros de Gigantes” adicoulle un espazo. Aquí tes o enlace para escoitalo… podes facelo mentras labouras nos problemas de Tecno, por exemplo.

    E neste enlace de RTVE a la carta podes ver, en minuto e medio, imaxes do científico e inventor.

    Bailando cos raios: o home engaiolado

    Posted in: Sitio Web,Visto by correcarmela on Marzo 25, 2010

    Dixemos na clase que a electricidade prefire sempre o camiño máis doado, é dicir, o condutor e non o aislante. E tamén que si o material ten a misma composición, a electricidade o “percorrerá” polo seu exterior e non por dentro. Ben, pois coma un video vale máis que centos de palabras, veredes agora un home “electrificado”. Ten como protector o que se chama unha gaiola de Faraday: unha rede metálica que mantén o seu corpo protexido dos raios, no máis certo sentido destas palabras…

    Atopeino nun sitio chamado “Ciencia en el siglo XXI
    [kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/0KRja415Iwk" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

    Quen se atreve a inspeccionar cables de alta tensión?

    Posted in: 3º ESO,Visto by correcarmela on Marzo 24, 2010

    O vídeo que estades a ver é espectacular (Dailymotion, 2:14, inglés). Uns técnicos acuden nun helicóptero a revisar liñas de alta tensión (máis de 200.000 voltios). Non parece difícil pero si que é moi peligroso: un traspié e caerás ao chan… un contacto con outro cable ou coa terra e quedarás máis churruscado que as castañas no Magosto.

    Non vos perdades os fabulosos arcos eléctricos que se forman cando o helicóptero está a piques de tocar os cables. Máis de un botaríamos a correr. Ben, agora, a disfrutalo. (Vía, cómo non, Microsiervos)


    High Voltage Cable Inspection
    Cargado por monnotman
    Actualización: A persoa que fala durante o video é un dos operarios, e parece feliz do seu traballo. Polo que entendo, di que é unha tarefa coma outra calquera para poder conseguir logo un “cadelo quente”. Si picas no enlace do sitio Dailymotion, poderás velo en pantalla completa ou tamén xeorreferencialo ao sitio onde se filmou (preto de Seattle, USA).