Categorías

Etiquetas

Comentarios recentes

    Xullo 2017
    M T W T F S S
    « Xuñ    
     12
    3456789
    10111213141516
    17181920212223
    24252627282930
    31  

    Artigos recentes

    Meta

    Histórico

    Páxinas

    Fumos ou non fumos á Lúa?

    Posted in: Visto by correcarmela on Decembro 06, 2012

    Cun formato rompedor, este reportaxe, o primeiro dunha serie chamada “Escépticos” trata o tema de si a humanidade deixou as súas pegadas no satélite ou ben si é unha trola de tamaño mundial. Foi premiado recientemente polos museos científicos coruñeses e axiña será emitido por algún canal de TV estatal. Anticípate e velo agora. Dura 38 min, e verás que non poderás deixalo no minuto 3.

    Poderás velo se pinchas aquí.

    Logo non me digas que non o recordei

    Posted in: 2º ESO,3º ESO,Visto by correcarmela on Xuño 10, 2011

    O luns día 13 de xuño péchase a posibilidade de mandar o teu nome ao planeta vermello, Marte, a bordo do Curiosity, escrito nun microchip.
    – E logo, onde podo apuntarme?
    Eiquí mesmo.

    E avisa aos teus amigos do mundo real o do mundo dixital… agora ou xa nunca!

    Se non me lembro mal, recibirás no teu correo electrónico un diploma da NASA que o acredita.
    (visto, unha vez máis, en Microsiervos)

    OBAFGKM

    Posted in: 2º ESO,3º ESO,Sitio Web by correcarmela on Maio 14, 2009

    Os astrónomos clasificaron as estrelas no que eles denominan Espectros Estelares (*). Tradicionalmente establecéronse sete categorías a través de letras: OBAFGKM. Por exemplo, o noso Sol é do tipo “G“. O caso é que para lembrarse destas letras acuñáronse diversas frases (mnemónicos, na xerga técnica). A máis popular é: “Oh Be A Fine Girl (or Guy), Kiss Me!”, que traducido sería “Oh, sé boa moza (ou mozo), bícame!”

    Polo que vexo en Internet, celebráronse concursos en aulas con resultados como este: “Oven Baked Apples From Grandma´s Kitchen. Mmmm”, que vén ser “Mazás asadas ao forno na cociña da avóa. Mmmm”.

    O astrónomo do observatorio granadino Jesús Maíz Apellániz ten o seu mnemónico, divertido aínda que políticamente incorrecto: “Obesos Bebede Aceite Filtrado, Gañaredes Quilos Masivamente!”.

    Contouno na entrevista que mantida recientemente co xornalista Angel Rodríguez Lozano e que podes oír no podcast: “A estraña historia da estrela Pimis 24.” . (Que non era unha, senón polo menos tres…)

    Aproveito para dicir que Cienciaes.com, o sitio internet de Angel, ten moitas outras entrevistas moi interesantes (Antonio Mampaso, M. Lozano Leyva, María Beltrán...), dispoñibles tamén directamente a través de iTunes (gratis).

    (*) Simplificando, cada estrela emite unha banda de luz de moitos cores, pero algúns deles son absorbidos, de tal xeito que a luz que nos chega pódese distinguir das outras estrelas.

    “Evolución” no planetario dixital

    Posted in: 2º ESO,3º ESO,Visto by correcarmela on Abril 26, 2009

    Xa temos a primeira produción non extranseira (compartida co Planetario de Pamplona e o Museo de Ciencias de Castilla-La Mancha) do novo planetario dixital da Casa das Ciencias. Chámase “Evolución“. Nel verás como as estrelas primixenias chegaron a formar os átomos necesarios para a vida, poderás viaxar a galaxias distantes millóns de quilómetros, e tamén ver as islas Galápagos desde o HMS Beagle, o barco no que Darwin deu a volta ao mundo e a reviravolta á Bioloxía para sempre. Non cho perdas, é unha gozada.
    Clicando eiquí poderás ver un video para ir abrendo apetito. Bo proveito!

    Cuestión de temperaturas

    Posted in: Sen categorizar by correcarmela on Abril 06, 2009

    A superficie da Terra ten unha temperatura media de 15 º Celsius (centígrados), aínda que a máis baixa da que se tivo constancia foi tomada na Antártida en 1983… -89ºC! E en sentido contrario, a máis alta ata a data foi de 58 º centígrados. Medírona en Libia, en 1922.
    No noso satélite lunar as temperaturas son bastante máis extremas, pasando dos 110 ºC da parte iluminada polo Sol aos -150 ºC na que está ás escuras.
    Máis aló, o astro rei ten na súa superficie 5.500 grados centígrados, pero se calcula que no núcleo alcanza os quince millóns.
    E para rematar, cal é a temperatura media do espazo? Pois non chega nin aos 3 grados da escala Kelvin, a escala absoluta. Exactamente 2,76 Kelvins, é dicir, -270,4 grados Celsius.
    Comparadas coas temperaturas que nos rodean, unha ola de frío polar ou de seco aire sahariano son… unha tontería.
    (Fonte: “A clave secreta do Universo“, de Lucy y Stephen Hawking)

    Envía o teu nome a Marte

    Posted in: Para todos,Sitio Web,Visto by correcarmela on Marzo 29, 2009

    Send Your Name To Mars é unha páxina da NASA na que podes escribir o teu nome, poboación e código postal. Eles enviarán o teu nome ao planeta vermello na próxima misión marciana do ano 2011 grabado nun microchip. Ademáis, obterás un pequeno agasallo por facelo…. e podes enviar mensaxes aos teus compis para que participen.

    Está en inglés pero é moi doado entendelo. A que esperas?

    Dimensións humáns e ángulos

    Posted in: 2º ESO,3º ESO by correcarmela on Marzo 28, 2009

    A “Guía do Ceo” que con motivo do Ano Internacional de Astronomía 2009 editou o Concello da Coruña dános algunhas pistas para observar o ceo estrelado sen instrumento algún…

    Se estiramos o brazo, a nosa man aberta ocupará uns 20º da bóveda celeste. Se pechamos o puño taparemos a metade, 10º. Se en cambio usamos o dedo pulgar serán 2º e un só no caso de usar o dedo maimiño. Sinxelo, ¿non?

    Como a Terra vira unha vez (360º) cada 24 horas, entón cada hora o ceo móvese 15º deste a oeste. Coas indicacións anteriores podemos estimar, por exemplo, cantas horas faltan para que o Sol ocúltese.

    Ademais, a Península Ibérica atópase a uns cuarente grados de latitud. Se localizamos a Estrela Polar a través da Osa Maior, veremos que está a uns 40º do horizonte, ou “dúas veces o brazo estirado e a man aberta”…

    A xubilación do telescopio Hubble

    Posted in: Sen categorizar by correcarmela on Xaneiro 11, 2009

    Neste artigo do diario EL PAÍS podemos ver a vida e milagros (e algunha desfeita tamén) do millor telescopio feito polo de agora, o Hubble, e a súa próxima reparación para que siga dándonos máis durante unhos cantos anos:Chega a Xubilación