Categorías

Etiquetas

Comentarios recentes

    Xuño 2017
    M T W T F S S
    « Mai    
     1234
    567891011
    12131415161718
    19202122232425
    2627282930  

    Artigos recentes

    Meta

    Histórico

    Páxinas

    E o Nobel de Mediciña foi para… para “ese”?

    Posted in: Para todos,Visto by correcarmela on Outubro 13, 2012

    Ás veces os profesores metemos a pata ata o fondo. Esta semana é noticia a concesión do Nobel de Mediciña a o británico John B. Gurdon, que garda un gran parecido co actor que fixo de Gandalf no Senor dos Aneis.

    Onte A Voz de Galicia publicou unha entrevista co galardonado, gracias á colaboración do investigador galego JM Castro Tubío. Estou seguro de que se a lees entenderás case que todo do que conta.

    O caso é que fai moitos anos un profesor dun colexio moi prestixioso do Reino Unido deixou escrito de John B. Gurdon unhas frases que son como para botar a correr e non parar. Ven a dicir que o alumno, 15 anos por aquela, é un zote e non hai nada que facer… A páxina web de Naukas recolle o texto e o traduce. A verdade, non ten desperdicio.

    Imaxino a ese profesor dicindo agora, – si é que vive-: ” E o Nobel de Mediciña foi para… para “ese”?

    Os profes tamén somos deste mundo.

    Post tags: ,

    O teu experimento, no espacio

    Posted in: Visto by correcarmela on Outubro 12, 2011

    Que experimento te gostaría facer si estiveras na Estación Espacial Internacional? Eres quen de describilo nun video? Si a resposta é positiva… a que esperas para facelo? Agora é o momento.

    Hai un concurso internacional, o “Youtube Space Lab“, patrocinado por Youtube, NASA, ESA e Lenovo. Tes catorce anos? Pois… adiante!!

    Unha cativa de dez anos atopa unha supernova desde a súa casa

    Posted in: Visto by correcarmela on Xaneiro 10, 2011

    Iste é o titular da nova que publica a web Microsiervos. Como veredes, aínda se pode facer nova ciencia desde o salón da túa casa. Cecais non sexa doado, pero cun pouco de sorte podes pasar á historia dos Records Guinness. Pero o feito de non descubrir nada non te quitará os bos ratos que podes pasar investigando o infinito…

    Post tags: ,

    Cometas no ceo

    Posted in: Visto by correcarmela on Novembro 28, 2010

    XV Día da Ciencia na Rúa

    Posted in: 2º ESO,3º ESO by correcarmela on Maio 11, 2010

    O pasado sábado celebrouse en Coruña a decimoquinta edición desta festa na que participaron máis de vinte institutos de toda Galicia. Eiquí tedes un video de 4o segundos no que verás varios mecanismos traballando. A súa construción está moi perfecionada, pero ten un pequeno truco: eles empregan unha máquina de corte moi precisa e asemade rápida, o que facilita moito as cousas. Nós a pediremos aos Reis Magos…

    Un pequeno paso para un Jumbo…

    Posted in: Visto by correcarmela on Xullo 28, 2009

    Eiquí tedes o video do traslado do “Lope de Vega“, un Jumbo 747 que esgotara os seus días no aire, ao futuro Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) de A Coruña. O Museo o empregará para despegar os soños dos seus visitantes. Espectacular!

    (vía Microsiervos)

    Post tags: , , ,

    “Evolución” no planetario dixital

    Posted in: 2º ESO,3º ESO,Visto by correcarmela on Abril 26, 2009

    Xa temos a primeira produción non extranseira (compartida co Planetario de Pamplona e o Museo de Ciencias de Castilla-La Mancha) do novo planetario dixital da Casa das Ciencias. Chámase “Evolución“. Nel verás como as estrelas primixenias chegaron a formar os átomos necesarios para a vida, poderás viaxar a galaxias distantes millóns de quilómetros, e tamén ver as islas Galápagos desde o HMS Beagle, o barco no que Darwin deu a volta ao mundo e a reviravolta á Bioloxía para sempre. Non cho perdas, é unha gozada.
    Clicando eiquí poderás ver un video para ir abrendo apetito. Bo proveito!

    Pode flotar unha bola de canón?

    Posted in: Visto by correcarmela on Abril 09, 2009

    Pois vai ser que si, pero necesitarás unha bañeira chea de mercurio, que, como sabes, é líquido a temperatura ambente. Como o mercurio ten unha densidade maior ca do ferro, este flota coma un corcho na auga. O video estache en inglés, pero serás quén de entendelo, nonsí?

    (A densidade é unha relación entre o peso de algo e o volumen que ocupa. O mercurio ten maior densidade que o ferro, pero o ferro a ten moito maior que a auga, e esta é moito máis densa que o aire, por exemplo…)

    Post tags:

    Dimensións humáns e ángulos

    Posted in: 2º ESO,3º ESO by correcarmela on Marzo 28, 2009

    A “Guía do Ceo” que con motivo do Ano Internacional de Astronomía 2009 editou o Concello da Coruña dános algunhas pistas para observar o ceo estrelado sen instrumento algún…

    Se estiramos o brazo, a nosa man aberta ocupará uns 20º da bóveda celeste. Se pechamos o puño taparemos a metade, 10º. Se en cambio usamos o dedo pulgar serán 2º e un só no caso de usar o dedo maimiño. Sinxelo, ¿non?

    Como a Terra vira unha vez (360º) cada 24 horas, entón cada hora o ceo móvese 15º deste a oeste. Coas indicacións anteriores podemos estimar, por exemplo, cantas horas faltan para que o Sol ocúltese.

    Ademais, a Península Ibérica atópase a uns cuarente grados de latitud. Se localizamos a Estrela Polar a través da Osa Maior, veremos que está a uns 40º do horizonte, ou “dúas veces o brazo estirado e a man aberta”…

    Efervesciencia, o ‘bule bule’ da ciencia galega

    Posted in: Sitio Web by correcarmela on Xaneiro 25, 2009

    Efervesciencia é un programa da Radio Galega adicado a divulgación científica, sempre cun punto de vista lúdico e atractivo para os oíntes, nenos e maiores. Se non podes escoitalo no directo (os domingos as 13:05 horas), podes acceder ao seu blog e baixalo ao teu mp3, ou tamén poderás escoitalo picando no signo “+” debaixo destas verbas. Cando teñen tempo van actualizando cos programas máis novos. Non cho perdas!

    Efervesciencia

    Post tags: ,
    « Older PostsNewer Posts »