Categorías

Etiquetas

Comentarios recentes

    Novembro 2017
    M T W T F S S
    « Set    
     12345
    6789101112
    13141516171819
    20212223242526
    27282930  

    Artigos recentes

    Meta

    Histórico

    Páxinas

    “Lo que de verdad importa”

    Posted in: Para todos by correcarmela on Abril 09, 2013

    O pasado venres asistimos ao evento que loquedeverdadimporta.org organizou en A Coruña, coa presenza de María de Villota, o rapeiro Haze e María Belón.

    Polo de agora atopei as fotos que La Voz de Galicia publicou, e son estas. Dixéronnos que nuns días teremos os videos das charlas.

    Por certo, adiviñaste coma se fixo o proceso de transcripción automática das verbas dos poñentes na pantalla de proxección? Eu si.

    Post tags:

    O IES As Insuas en V Televisión

    Posted in: Visto by correcarmela on Febreiro 25, 2013

    Coma outros anos, e van nove, o instituto participa no programa Voz Natura. A TV veu a facernos unha visita:

    Post tags:

    O primeiro satélite galego continúa no espazo dez meses despois

    Posted in: Visto by correcarmela on Decembro 13, 2012

    Lanzado no mes de febreiro de 2012, XaTcobeo, o primeiro satélite galego, non so foi un éxito cumprindo con creces as mellores previsións. Dez meses despois segue a “dar guerra” fora da nosa atmósfera.

    XaTcobeo foi desenvolvido por unha chea de estudantes e profesores da Universidade de Vigo.

    Lee a nova aquí.

    Post tags: ,

    Os motores máis pequenos do mundo?

    Posted in: Visto by correcarmela on Novembro 30, 2011

    Quizá non o sexan, pero un xubilado de Noia deixa boquiabertos a todos os que ven os seus pequenos motores, verdaderas xoias de enxeñería. Moitas horas de traballo, miles en realidade, limando e medindo ao detalle para que logo funcionen de xeito asombroso. Vede, vede, o artigo de prensa e os videos que están incluidos

    Post tags: , ,

    XV Día da Ciencia na Rúa

    Posted in: 2º ESO,3º ESO by correcarmela on Maio 11, 2010

    O pasado sábado celebrouse en Coruña a decimoquinta edición desta festa na que participaron máis de vinte institutos de toda Galicia. Eiquí tedes un video de 4o segundos no que verás varios mecanismos traballando. A súa construción está moi perfecionada, pero ten un pequeno truco: eles empregan unha máquina de corte moi precisa e asemade rápida, o que facilita moito as cousas. Nós a pediremos aos Reis Magos…

    Conexións: O ferro de pasar

    Posted in: Visto by correcarmela on Maio 07, 2010

    O domingo 9 de Maio comenza na TVG o programa de divulgación científica “Conexións”.

    Neste enlace podes ver como foi a evolución do ferro de pasar ao longo do últimos séculos, desde unha simple prancha posta no fogo ata o primeiro ferro eléctrico.

    Longa vida a este programa !

    A hora do software galego

    Posted in: 2º ESO,3º ESO,Visto by correcarmela on Febreiro 02, 2009

    Xa podes descarregar un sistema operativo completamente en galego, como di a páxina de Galinux:

    “Galinux é un completo sistema operativo de fontes abertas que vén configurado para poder empregar calquera computador compatíbel no noso propio idioma: o galego.

    Non son precisos coñecementos técnicos especiais para poder beneficiarse das vantaxes básicas do Galinux, pois inclúe automaticamente os programas informáticos máis empregados: para navegar pola Internet, acceder ao correo electrónico, escoitar música, escribir documentos de texto, facer gráficas e cálculos, ver vídeos ou películas, compartir ficheiros, conversar por mensaxería instantánea e moito máis.

    Co Galinux disporás dun contorno de escritorio fiábel, seguro e sempre actualizado, xa que ao estar baseado na popular distribución nomeada Ubuntu poderá recibir periodicamente as actualizacións gratuítas que son distribuídas para manter o seu equipo ao día. E para resolver as cuestións máis frecuentes, non o dubide: pregunte na Rede a calquera dos milleiros de persoas que tamén empregan Ubuntu.”

    Xa non precisarás mercar licencias de software cando compres un novo computador. Galinux é libre, gratuito e galego.

    (Foto Bitelia)

    Post tags: ,

    Unha cancionciña galega

    Posted in: Sitio Web by correcarmela on Xaneiro 11, 2009

    Escoitaa!:
    Breakfast Blues, do grupo Moondogs Blues Party, no seu álbum “O cadelo lunático”

    Post tags: ,