Categorías

Etiquetas

Comentarios recentes

    Xullo 2017
    M T W T F S S
    « Xuñ    
     12
    3456789
    10111213141516
    17181920212223
    24252627282930
    31  

    Artigos recentes

    Meta

    Histórico

    Páxinas

    2º ESO: Ficha cos problemas do examen de mecanismos

    Posted in: 2º ESO by correcarmela on Abril 20, 2014

    2ºeso ficha examen mecanismos from mariyo66
    Post tags:

    2º ESO: Examen Mecanismos

    Posted in: 2º ESO by correcarmela on Abril 09, 2014


    Exam mecanismos 2 from mariyo66
    Post tags:

    507 movementos mecánicos

    Posted in: 2º ESO,3º ESO,Sitio Web by correcarmela on Setembro 21, 2013

    E algúns deles (os que aparecen en cores) podes velos en animación.

    Esta páxina web dará xogo cando falemos de mecanismos…

    Podes velos en:

                                  507 Mechanical Movements

    Clicando neles e pasando páxinas a outros mecanismos clicando en “prev” e “next”. O atopei en Microsiervos.

    3º ESO: Vídeos de mecanismos

    Posted in: 3º ESO,Visto by correcarmela on Novembro 04, 2012

    Neste video podes ver que as poleas azul e verde xiran coa mesma velocidade aínda que teñen distintos diámetros… o que fai que poidamos transmitir o movemento entre máis de dos eixes, subindo ou reducindo as revolucións, según o que queramos.

    Aquí outro video de engrenaxes…

    Post tags: ,

    3º ESO: Os mecanismos de Leonardo

    Posted in: 3º ESO,Sitio Web by correcarmela on

    O ano 2009 o Instituto da Enxeñería de España fixo unha exposición homenaxe a Leonardo da Vinci, co nome de “Mecanismos preelectrónicos de conversión de movementos“. A presentación, no formato PDF e de 16 páxinas, é moi representativa do xenio italiano. Utilizouse soamente material recollido no documento coñecido coma “Códice Madrid“. O caso é que, aínda que Leonardo non coñecera nada do que agora chamamos Electrónica, os seus inventos teñen relación con ela.  Podes descarregar o documento picando no título antedito ou ben disfrutalo vendo as imaxes do folleto pubricado en Scribd eiquí debaixo.
    Folleto_MAQUETAS_Exposicion_1854

    3º ESO: Un reloxo de madeira

    Posted in: 3º ESO,Visto by correcarmela on

    Feito a man, pero calquera día o comercializarán en anacos nos quioscos de prensa…

    E coma agasallo, un video do reloxo da Porta do Sol de Madrid, famoso cada 31 de Decembro:

    Post tags: ,

    3ºESO: Mecanismos de transmisión (1 e 2)

    Posted in: 3º ESO,3º PDC by correcarmela on Outubro 17, 2012

    Para facilitar o teu aprendizaxe, aquí tes uns resúmenes dos principais mecanismos de transmisión de movementos, con exercicios e retos. Ollo, melloran -con moito- o que ven no libro. Sería bo que foras traballando neles.
    Podes descarregalos empregando o procedemento que dixen onte nesta páxina web.

    Teoría mecanismos transmisión_1 from mariyo66

    Teoría mecanismos transmisión_2 from mariyo66
    Post tags:

    3ºESO: Ficha de Palancas, Poleas e Planos inclinados

    Posted in: 3º ESO by correcarmela on Outubro 16, 2012

    Para poder descarregala, si queres, tes que acceder a unha conta na páxina web de Slideshare. Fai o seguinte: como usuario escribe o nome do noso instituto, todo seguido e en minúsculas. E como contrasinal, o nome da asignatura en minúsculas, sen acentos e en galego e singular… xa sei que mellor sería poñer todos os datos, pero seguro que o podes facer.

    Outra opción e que crees a túa conta na páxina web de Slideshare.

    E obrigatorio facer a ficha? Non, pero é moi aconsellable para preparar o examen que haberá dentro de sete días. Podes consultar as dúbidas que teñas dirixíndote ao meu correo.

    Post tags: ,

    2º ESO: Construcción do selenoscopio

    Posted in: 2º ESO,Visto by correcarmela on Xaneiro 16, 2012

    Feito no primeiro trimestre deste curso 2011/12, aquí tes unha selección das fotografías tomadas.

    Pois é ben doado… si sabes como, claro. Lembras a lei da Panca? Pois a usas e fora…

    Eiquí che poño o enlace ao video.

    Newer Posts »