Categorías

Etiquetas

Comentarios recentes

    Marzo 2017
    M T W T F S S
    « Feb    
     12345
    6789101112
    13141516171819
    20212223242526
    2728293031  

    Artigos recentes

    Meta

    • Ocorreu un erro, probablemente o feed non está dispoñible. Proba de novo máis adiante.

    Histórico

    Páxinas


    Un alumno de segundo da ESO, movido pola maior das forzas do Universo, a curiosidade, construío coas súas mans estes dous sinxelos motores eléctricos. Tras varias probas, a pila tiña xa as forzas xustas para darlle máis velocidade ao motor, pero … Funcionan!

    Os motores máis pequenos do mundo?

    Posted in: Visto by correcarmela on Novembro 30, 2011

    Quizá non o sexan, pero un xubilado de Noia deixa boquiabertos a todos os que ven os seus pequenos motores, verdaderas xoias de enxeñería. Moitas horas de traballo, miles en realidade, limando e medindo ao detalle para que logo funcionen de xeito asombroso. Vede, vede, o artigo de prensa e os videos que están incluidos

    Post tags: , ,

    3º ESO: O chumbo e a gasolina

    Posted in: 3º ESO by correcarmela on Xuño 09, 2011

    Por que se engadía un composto de chumbo á gasolina?
    A ver si queda máis claro coa explicación de Wikipedia que coa miña en clase.

    Post tags:

    Outra pregunta explicada en clase con exemplos da vida real. Os motores de dous tempos non teñen un espacio especial para o aceite lubricante no cárter, así que ten que levalo mezclado co combustible. Nas motos pequenas adoita facerse a man nas gasolineiras, nas de 125, coma a desta pregunta respostada, levan “truco”.

    Imos ver si atendemos en clase e preguntamos as dúbidas, como facías con todos os profes cando tiñas sete anos….

    Post tags:

    3º ESO: Volante de inercia

    Posted in: 3º ESO by correcarmela on

    O volante de inercia deu moitas respostas desacertadas nos controis, aínda que o explicara antes do mesmo… Algunha vez pedaleaches nunha bicicleta estática? Algunhas ten un gran disco que costa poñer en movemento pero tamén costa frenar de golpe, non? pois iso ven a ser un volante de inercia. A súa función: ALMACENAR ENERXÍA, e darlla cando non pedaleas ao mesmo ritmo. Nos automóbiles, a dará cando o pistón non está no tempo da explosión, e a almacenará cando o pistón sexa brutalmente empurrado pola explosión da mezcla aire-gasolina ou pola combustión da mezcla aire-gasoil.

    Isto ademais fai que as vibracións sexan menores, e mellora a estabilidade do conxunto e a duración do motor. Está claro agora?

    Eiquí vos queda un video co montaxe dun motor de gasolina e o seu funcionamento. Se non te interesa para Tecno, te interesará para sacar o carnet de conducir…

    Post tags: ,
    Ficha motores combustión_interna

    View more documents from mariyo66

    E as respostas son:
    1. A lonxitude percorrida polo émbolo entre o seu Punto Morto Superior e o Punto Morto Inferior.
    2. Unho de dous tempos.
    3. Verdadeiro. Falso. Verdadeiro. Falso. Falso. Verdadeiro.
    4. Dentro do cárter do motor.
    5. Unho de dous tempos.
    6. Almacenar parte da enerxía de rotación que xenera o motor, entregándoa cando non se producen explosións nos cilindros. Compensa as elevadas aceleracións dos pistones, reduce vibracións e por tanto tamén mellora a durabilidade do conxunto.
    7. Habería unha mala combustión, vibracións, e ruidos, maior consumo… hai que levalo a reparar canto antes.
    8. Depende. Na expansión o émbolo empurra á biela e na compresión é ao contrario.
    9. Aceite!
    10. Moita xente pensa que para que a gasolina explote máis cedo, pero é ao contrario… o plomo ralentiza a explosión, de tal xeito que lle podemos extraer máis enerxía mecánica e mellora entón o rendemento… a costa da saúde dos que acostumamos respirar!
    Post tags: ,

    3º ESO: Funcionamento do motor de explosión

    Posted in: 3º ESO by correcarmela on Maio 24, 2011

    Post tags:

    3º ESO: Funcionamento do motor de dous tempos

    Posted in: 3º ESO by correcarmela on

    Post tags:

    3º ESO: Respostas á ficha “Motores de combustión interna”

    Posted in: 3º ESO by correcarmela on Maio 01, 2011

    As respostas á ficha que entregamos sobre os motores de combustión interna son as seguintes:
    1. A distancia entre os puntos mortos superior e inferior. É o recorrido máximo do pistón dentro do cilindro.
    2. Uno de dous tempos.
    3. a) Certo. b) Falso. c) Certo. d) Falso, permite o paso da mezcla. e) Falso, sitúanse en posicións distintas para alternar os distintos tempos do ciclo. f) Certo.
    4. Dentro do cárter.
    5. O de dous tempos.
    6. Para manter estable o movemento do motor, o que redunda en unha mellora da comodidade, estabilidade e tamén unha reducción dos esforzos que teñen que soportar os materiais.
    7. O cilindro perdería compresión e, se non se avería, unha baixada de potencia, ademais dos ruidos e vibracións que poden xurdir.
    8. Depende do tempo en que se atopen. Na explosión e expansión é o pistón o que move á biela, no resto dos tempos sucede ao revés.
    9. Aceite lubricante.
    10. Para aumentar a capacidade antidetonante da mezcla, é dicir, para que estoupe dun xeito máis lento e aproveitar mellor – con máis rendemento- a calor producida na reacción química.

    Post tags: ,

    Como funciona un motor de gasolina?

    Posted in: 3º ESO by correcarmela on Abril 24, 2011

    Beakman está un pouco tolo, pero o explica moi ben:

    Post tags: , ,
    Newer Posts »