Categorías

Etiquetas

Comentarios recentes

    Setembro 2017
    M T W T F S S
    « Xuñ    
     123
    45678910
    11121314151617
    18192021222324
    252627282930  

    Artigos recentes

    Meta

    Histórico

    Páxinas

    Software libre e moi útil para todos nós

    Posted in: 2º ESO,3º ESO,Sitio Web by correcarmela on Novembro 27, 2011

    O pasado venres algunos de vosotros xa escomenzaches a manexar o sw “Libre Office”, máis en concreto a folla de cálculo ‘Calc’.

    Podes descarregarte este software e usalo “pola patilla”. O sitio é “LibreOffice-The Document Foundation“. Está en español. Manéxate dentro do sitio como sabes para facer a túa descarga e xa podes instalarlo e empezar a facer cousas con él.

    Post tags:

    A hora do software galego

    Posted in: 2º ESO,3º ESO,Visto by correcarmela on Febreiro 02, 2009

    Xa podes descarregar un sistema operativo completamente en galego, como di a páxina de Galinux:

    “Galinux é un completo sistema operativo de fontes abertas que vén configurado para poder empregar calquera computador compatíbel no noso propio idioma: o galego.

    Non son precisos coñecementos técnicos especiais para poder beneficiarse das vantaxes básicas do Galinux, pois inclúe automaticamente os programas informáticos máis empregados: para navegar pola Internet, acceder ao correo electrónico, escoitar música, escribir documentos de texto, facer gráficas e cálculos, ver vídeos ou películas, compartir ficheiros, conversar por mensaxería instantánea e moito máis.

    Co Galinux disporás dun contorno de escritorio fiábel, seguro e sempre actualizado, xa que ao estar baseado na popular distribución nomeada Ubuntu poderá recibir periodicamente as actualizacións gratuítas que son distribuídas para manter o seu equipo ao día. E para resolver as cuestións máis frecuentes, non o dubide: pregunte na Rede a calquera dos milleiros de persoas que tamén empregan Ubuntu.”

    Xa non precisarás mercar licencias de software cando compres un novo computador. Galinux é libre, gratuito e galego.

    (Foto Bitelia)

    Post tags: ,