Categorías

Etiquetas

Comentarios recentes

    Febreiro 2018
    M T W T F S S
    « Xan    
     1234
    567891011
    12131415161718
    19202122232425
    262728  

    Artigos recentes

    Meta

    Histórico

    Páxinas

    2º ESO: O rei dos metais preciosos

    Posted in: 2º ESO,Visto by correcarmela on Xaneiro 25, 2011

    O Ouro, pola súa cor que lembra ao Sol, a súa maleabilidade (fácil de traballar en xoiería) e a súa escaseza (útil entón como moeda) sempre ocupou un papel principal no desenvolvemento human. Ademáis, non se oxida. Ter moito ouro equivale a ser rico. Aínda nestes tempos, cando a crise apreta, a xente con diñeiro corre a refuxiarse neste precioso metal.

    Post tags: ,

    New York desde un avión a radiocontrol

    Posted in: Visto by correcarmela on Decembro 12, 2010

    Desafiando as lei da gravidade e, sobre todo, as leis dos Estados Unidos, un grupiño de aficionados ao aeromodelismo fixo este espectacular video. Nel verás a ponte de Brooklyn e mesmo a estatua da liberdade desde puntos de vista imposibles…
    Dalle son e pon a pantalla en grande para disfrutalo. (Vía Avión_Microsiervos)

    Post tags: ,

    Cometas no ceo

    Posted in: Visto by correcarmela on Novembro 28, 2010

    Quen se atreve a inspeccionar cables de alta tensión?

    Posted in: 3º ESO,Visto by correcarmela on Marzo 24, 2010

    O vídeo que estades a ver é espectacular (Dailymotion, 2:14, inglés). Uns técnicos acuden nun helicóptero a revisar liñas de alta tensión (máis de 200.000 voltios). Non parece difícil pero si que é moi peligroso: un traspié e caerás ao chan… un contacto con outro cable ou coa terra e quedarás máis churruscado que as castañas no Magosto.

    Non vos perdades os fabulosos arcos eléctricos que se forman cando o helicóptero está a piques de tocar os cables. Máis de un botaríamos a correr. Ben, agora, a disfrutalo. (Vía, cómo non, Microsiervos)


    High Voltage Cable Inspection
    Cargado por monnotman
    Actualización: A persoa que fala durante o video é un dos operarios, e parece feliz do seu traballo. Polo que entendo, di que é unha tarefa coma outra calquera para poder conseguir logo un “cadelo quente”. Si picas no enlace do sitio Dailymotion, poderás velo en pantalla completa ou tamén xeorreferencialo ao sitio onde se filmou (preto de Seattle, USA).

    Solucións ás fichas de ferramentas

    Posted in: 2º ESO,3º ESO by correcarmela on Marzo 11, 2010

    Eiquí tedes as solucións das dúas fichas de Ferramentas. Coñecer os seus nomes en galego ou castelán e saber distinguir a súa función é unha obriga para o alumnado do centro. Por iso, no control da avaliación caerán varias preguntas. Sorte!
    (Si queres descarregalo, usa a identificación e o contrasinal que xa dixemos fai unhas cantas anotacións)

    Envía o teu nome a Marte

    Posted in: Para todos,Sitio Web,Visto by correcarmela on Marzo 29, 2009

    Send Your Name To Mars é unha páxina da NASA na que podes escribir o teu nome, poboación e código postal. Eles enviarán o teu nome ao planeta vermello na próxima misión marciana do ano 2011 grabado nun microchip. Ademáis, obterás un pequeno agasallo por facelo…. e podes enviar mensaxes aos teus compis para que participen.

    Está en inglés pero é moi doado entendelo. A que esperas?

    2ºESO: Examen metais

    Posted in: 2º ESO by correcarmela on Marzo 09, 2009

    Sería unha bágoa que non lle botaras unha ollada a este documento que te poño abaixo…. Pode ser a túa chave para o examen de metais que terá lugar dentro dunhas datas. Cantas respostas correctas poderás acadar?

    Se queres baixala ao teu ordenador terás que ter instalada a versión 3 ou superior de Openoffice (é gratuito) ou ben Mircrosoft Word, e facer o seguinte:
    1. Fai click sobre a palabra “Preparación examen...” escrita debaixo destas liñas.
    2. O enlace levarache a web “Slideshare“, moi útil nestes usos. Alí poderás ver a presentación máis cómodamente, e incluso descarregala para o teu uso. Para isto pica na opción “Download“, situada xusto enriba das láminas.
    3. Agora terás que escribir o nome de usuario e a clave. Non hai problema. O nome de usuario (Username or email) é “iesdavidbujan” sin comillas, todo xuntiño, tal como estás vendo.
    4. E a contraseña, clave ou Password é “tecnoloxia“, tal como ves escrita eiquí.
    5. Acepta a descarga e terás no teu ordenador a presentación completa feita na clase. Lembra que o libro de Tecno aporta moita da información explicada eiquí.
    Agora xa non tes excusa…

    Un robot de catro patas

    Posted in: Visto by correcarmela on Marzo 08, 2009

    E todas elas imprescindibles para evitar que caiga ao chan. Da certo medo velo funcionando, porque as súas reaccións para non terminar derrubado son tan … humáns!

    Post tags: , ,

    4ºESO PDC: Análisis tecnolóxico dun obxecto

    Posted in: Sitio Web by correcarmela on Febreiro 19, 2009

    Como sabedes, estamos a traballar o análisis tecnolóxico de obxectos tecnolóxicos que nos rodean. Atopei o análisis de dous moi coñecidos, feitos por alumnos/as de 3ºESO. A nosa intención e facelos cun toque tecnolóxico engadido. Para elo estamos a usar unha moderna ferramenta, o wiki, (4pdc.wikispaces.com) que nos permite o desenvolvemento colaborativo e a posibilidade de facer modificacións fora do centro académico se temos esa posibilidade e a caixa tonta nos aburre cos seus programas basura…

    Ben, pois os traballos destes cativos van sobre dous electrodomésticos: unha lavadora e un microondas.

    Botádelle un ollo!

    Post tags:

    2º ESO: E chegou o Aceiro

    Posted in: 2º ESO,Visto by correcarmela on Febreiro 09, 2009

    Como xa sabedes, o Aceiro mellorou as propiedades do Ferro, de tal xeito que as nosas vidas serían ben diferentes se non existira este material tecnolóxico. Tómate un anaco para velo video seguinte:

    Post tags: ,
    « Older PostsNewer Posts »